miércoles, 13 de abril de 2011

O EUROPASS

 ¿Que é o Europass?

O Europass é un documento a nivel europeo indispensable para calquera persona que teña a intención de matricularse en un programa educativo ou formativo noutro país, de procura de emprego o de realizar unha experiencia laboral no extranxeiro, xa que é unha forma de poder presentar a súas capacidades e competencias dunha maneira facilmente comprensible.    

    Europass é un novo sistema que axuda ao ciudadán a:

  • presentar a súas capacidades e cualificaciones personais de maneira sinxela e facilmente comprensible en toda Europa (Unión Europea, AELC/EEE e países candidatos);
  • desprazarse profesionalmente por toda Europa.

    Europass consta de cinco documentos:

    O sistema Europass  apóyase nunha rede de Centros Nacionales Europass.
    O Europass ten o seu orixen na Decisión nº 2241/2004/CE do Parlamento Europeo e do Consello do 15 de decembro do 2004, relativa a un marco comunitario único para a transparencia das cualificaciones e competencias. 


viernes, 8 de abril de 2011

BUSCADORES DE EMPREGO NA REDE

Infojobos.net

http://www.infojobs.net/


Tes que rexistrarche, pondo o teu curriculum coas túas capacidades, formación, experiencia...

Ofrece tamén a posibilidade de buscar cursos seleccionando por cidade e por categorías.

Existe tamén información acerca de masters, oposicións, posgraos e a posibilidade de facer formación Online.


CIMO


Rexistro para realizar curriculum, recibir ofertas, presentarte a ofertas... Non é necesario rexsistrarte para presentarte a ofertas solo é necesario chamar por telefono.

Laboris:

Tes que rexistrarte, poñendo o teu curriculum coas túas capacidades, formación, experiencia...

Ofrece tamén a posibilidade de buscar cursos seleccionando por cidade e por categorías.

Existe tamén información acerca de masters, oposicións, posgrados e a posibilidade de facer formación online.

Trabajos. com:



Necesitas rexistrarte para poder crear curriculos, recibir ofertas, responder ofertas...

Buscojobs


Tes que rexistrarte, poñendo o teu curriculum coas túas capacidades, formación, experiencia...

Ofrece tamén a posibilidad de buscar cursos seleccionando por ciudad e por categorías.


Infoempleo:


Na página principal ten un listado das últimas ofertas de traballo publicadas non hai esixencias de rexistro.

Expansión y empleo:

Podes ver as ofertas de emprego sen necesidade de registrarte aínda que hai que facelo se quieres subir o teu CV y recibir información.

miércoles, 6 de abril de 2011

A SELECTIVIDADE 2010-2011

SELECTIVIDADE O DOG , 4 de abril de 2011, publicou a Orde do 24 de marzo de 2011 pola que se regulan as probas de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao, e o proceso de admisión ás tres universidades do sistema universitario de Galicia.
Tamén pódese consultar as notas de ponderación para as diferentes universidades galegas, no seguiente enlace:

http://ciug.cesga.es/PDF/Pon201112.pdf

Desctacamos un resumo de Juan Luis Rodríguez feito no seu Blog:
Blog Divina Pastora



IV. ADMISIÓN ÁS ENSINANZAS UNIVERISTARIAS OFICIAIS DE GRAO DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA

a.- Estudantes que superen a proba de acceso á universidade para os estudantes que estean en posesión do título de bacharel regulada polo Real decreto 1892/2008, Fórmula para o cálculo da nota de admisión:

Nota de admisión= 0,6 * NMB + 0,4*CFX + a*M1 + b*M2

NMB= nota media do bacharelato ou do certificado.

CFX= cualificación da fase xeral.

M1, M2= as cualificacións dun máximo de dúas materias superadas da fase específica que proporcionen mellor nota de admisión.

a, b = parámetros de ponderación das materias da fase específica, serán igual a 0,1. As universidades poderán elevar este parámetro ata 0,2 naquelas materias que consideren máis idóneas para, de acordo coa finalidade da proba a que se refire o artigo 5º desta orde, seguir con éxito as ditas ensinanzas universitarias oficiais de grao

A nota de admisión incorporará as cualificacións das materias superadas na fase específica sempre que estas materias estean adscritas á rama de coñecemento do título que se solicite, de acordo co disposto no anexo I desta orde


b.- Estudantes que teñan superada a proba de acceso á universidade segundo normativas anteriores á establecida pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.


A nota de admisión será a cualificación definitiva da proba de acceso que obtiveron no seu momento.Non obstante o anterior, poderanse presentar á fase específica. Neste caso a nota de admisión calcularase coa seguinte fórmula:

Nota de admisión= CDA + a*M1 + b*M2

CDA= cualificación definitiva da proba de acceso anterior á establecida nesta orde.

M1, M2= as cualificacións dun máximo de dúas materias superadas da fase específica que proporcionen mellor nota de admisión.

a, b= parámetros de ponderación das materias da fase específica, serán igual a 0,1. As universidades poderán elevar este parámetro ata 0,2 naquelas materias que consideren máis idóneas para, de acordo coa finalidade da proba a que se refire o artigo 5º desta orde, seguir con éxito as ensinanzas universitarias oficiais de grao

A nota de admisión incorporará as cualificacións das materias superadas na fase específica sempre que estas materias estean adscritas á rama de coñecemento do título que se solicite, de acordo co disposto no anexo I desta orde.


c.- Estudantes que acrediten estar en posesión dun título de técnico superior de formación profesional, técnico superior de artes plásticas e deseño ou técnico deportivo superior, a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación ou títulos equivalentes.

A nota media do expediente académico calcularase mediante a suma das cualificacións numéricas dos módulos, cualificados de 1 a 10, sen decimais, e dividindo o resultado obtido entre o número total destes. Para os efectos do cálculo da nota media, non será computado o módulo de formación en centros de traballo, nin aqueloutros módulos que fosen obxecto de validación. A nota media do expediente expresarase con dúas cifras decimais e arredondada á centésima máis próxima e en caso de equidistancia á superior.

A nota media do expediente académico dos estudantes que posúan un título equivalente calcularase de acordo co disposto na orde EDU/1719/2010, do 21 de xuño, pola que se establece a adscrición dos títulos declarados equivalentes aos títulos de técnico superior de formación profesional, de técnico superior de artes plásticas e deseño ou de técnico deportivo superior ás ramas de coñecemento e se adapta para eles a fórmula para o cálculo da nota de admisión ás ensinanzas universitarias oficiais de grao.

A nota media do expediente académico dos estudantes que validasen os seus estudos estranxeiros polos de formación profesional do sistema educativo español, calcularase de acordo co disposto na Resolución do 7 de maio de 1996 da Dirección Xeral de Investigación Científica e Ensino Superior.

A nota de admisión calcularase coa seguinte fórmula


Nota de admisión= NMC + a*M1 + b*M2

NMC= nota media do ciclo formativo ou título equivalente

M1, M2= as cualificacións dun máximo de dous exercicios superados da fase específica que proporcionen mellor nota de admisión.

a,b= parámetros de ponderación das materias da fase específica, serán igual a 0,1. As universidades poderán elevar este parámetro ata 0,2 naquelas materias que consideren máis idóneas para, de acordo coa finalidade da fase específica a que se refire o artigo 22º desta orde, seguir con éxito as ensinanzas universitarias oficiais de grao

A nota de admisión incorporará as cualificacións dos exercicios da fase específica, no caso de que os temas sobre os cales versan estean adscritos á rama de coñecemento do título que se solicite, de acordo co disposto no anexo desta orde


V. ANEXOS DA ORDE.

Anexo I. Páxina 5955.
Adscrición das materias de modalidade ás ramas de coñecemento.
Anexo II. Páxina 5956.
Adscrición das opcións ou vías de acceso ás ramas de coñecemento
Anexo III. Páxina 5956.
Adscrición dos títulos de técnico superior de FP ás ramas de coñecemento
Anexo IV. Páxina 5958.
Adscrición das opcións da proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ás ramas de coñecemento.

jueves, 31 de marzo de 2011

LA CREACIÓN DE UNA WIKI

Como apoio a este blog xa se creou unha wikipedia que se empregará co fin de poder ir subindo definicións, teorías e información sobre os diversos temas que xurdan sobre a orientación profesional.

Esta wiki para modificala pedimos a axuda de todos para ir creando as definicións dos termos máis complexo.

Deixamos o seu enlace para que empecedes a consultar e vos animedes a colaborar.


miércoles, 30 de marzo de 2011

PROGRAMA ORIENTA

O Programa Orienta (tamén está na nosa wiki) é un programa informático que permite ao alumnado autoaplicarse unha serie de preguntas e ver así cal é a carreira que máis se adecua a el según as súas notas e os seus gustos.
Este escepcional programa podemolo descargar da súa páxina oficial na que tamén poderemos seguir as novedades e actualizacións do mesmo.
http://www.elorienta.com/or/


lunes, 28 de marzo de 2011

Orientación Profesional

Neste blog desenvolveremos as 4 áreas da Orientación Profesional (persoal, académica, laboral e toma de decisión). A finalidade é axudar a orientadores de centros de secundaria e aos alumnos dando recursos para o desenvolvemento de estas áreas no IES e Centro de formación.


As áreas de orientación profesional en secundaria poderíamos definilas como:

  • Suxeito-psicopedagóxica (persoal).

Consiste en que na ESO os alumnos teñan conciencia do seu autoconcepto, autocoñecemento e autoestima, coñecendo as súas habilidades e destrezas e as competencias que mellor realizan para mellorar a súa motivación. Todos estes aspectos serán fundamentales para que o alumnado poida realizar un desenvolvemento óptimo nas áreas relacionadas co ámbito profesional.

  • Académica – Estudios, axudas, centros…

Este é unha das áreas máis empregadas na ESO xa que é a encargada de informar aos alumnos/as sobre os estudios que poden realizar e onde os poden facer. Ademais facilita a información das axudas e becas ás que poden aspirar. Partindo de todos os datos poderá comprobar cales son os estudios que máis lle interesan e as vantaxes e inconvintes que pode encontrar para realizalos.


  • Laboral – Servizos de emprego, Técnicas de procura de emprego (curriculum, entrevista…) información do mercado.

Esta área axuda ao alumnado de Secundaria a comprobar as habilidades que precisan para determinados empregos e así poder escoller mellor os estudos que deben realizar para lograr os seus obxectivos. Ademais esta área prepara ao alumnado que opta por empezar a traballar e non continuar formándose xa que lles ensina onde deben procurar emprego, que deben de facer, como se deben preparar…

  • Toma de decisións -Habilidades e adestramento.

É un proceso continuo e secuencial que axudará ao alumnado de secundaria a tomar decisións, reafirmarse nunha decisión xa tomada ou plantexarse a posibilidade de cambiar de opinión.